Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Os veciños de Zas prepáranse para facer o Camiño Portugués por etapas

Os veciños de Zas prepáranse para facer o Camiño Portugués por etapas

Un ano máis o Concello de Zas invita a todos os seus veciños a coñecer os Camiños de Santiago. Un camiño por parroquias, pois cada fin de semana percorren unha etapa ata chegar ao final. Os anos pasados uns 80 veciños participaron cada fin de semana na proposta peonil, e este ano dende o Concello agardan que se cubran as 50 prazas abertas.

I é que nesta ocasión, atrevereanse co Camiño Portugués, prantexando unha ruta dende Tui ata Santiago de Compostela. Son 5 etapas, de entre 20 e 25 km aprox.

As rotas faranse os sábados, 14 e 21 de abril e 5,12 e 19 de maio, cun custe de 10€ por etapa, e hai 50 prazas por orde de inscrición. As persoas non empadroadas no Concello de Zas poderán participar se non se cubren as prazas. Poden inscribirse antes do 11 de abril, pero ollo que as prazas voan...

Máis información e inscrición

Comentarios