Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O persoal do Gadis de Baio sae a rúa polo maltrato laboral que sofren no día a día

  • "Hai empregadas que saen chorando do traballo polas faltas de respecto e os berros constantes e que acaban enfermando a causa do maltrato laboral que teñen que soportar", aseguran.
Concentracion CIG Gadis Baio
O persoal do Gadis de Baio sae a rúa polo maltrato laboral que sofren no día a día

Unha trintena de traballadores do Gadis de Baio acodiron á concentración convocada pola CIG este mediodía de martes 9 de xullo, para denunciar "o maltrato que reciben as traballadoras e que está derivando en problemas de saúde, como ansiedade ou depresión". A representación da CIG denuncia que "a empresa é coñecedora desta situación pero que, lonxe de actuar para pórlle freo, está permitindo que siga pasando sen facer absolutamente nada".

Aseguran dende a CIG que "hai empregadas que saen chorando do traballo polas faltas de respecto e os berros constantes e que acaban enfermando a causa do maltrato laboral que teñen que soportar".

Neste sentido, Lucía Freire, representante da CIG-Servizos, lembra que se vén alertando desde diferentes instancias do deterioro da saúde mental ou da cada vez maior sobremedicación con ansiolíticos.

Denunciou que, porén, “non se está indo ás causas que son, en moitísimos casos laborais, pola precariedade, por ter que ir a traballar todos os días e ser pobre, porque estás malpagada, ou porque estás sufrindo situacións de presión e abuso intolerábeis”.

Entenden pois que a situación “é responsabilidade das empresas poñer todos os medios para garantir a saúde laboral e, neste caso concreto, de Gadis, que debe actuar para que o que agora están pasando as traballadoras non se repita”.

Comentarios