A RAG afondará nos topónimos de Fisterra e Zas
Xa analizaron os nomes de Carballo ou Carnota, mesmo propoñendo cambios significativos nalgún topónimo importante. Agora, a Real Academia Galega lanza unha nova etapa do proxecto Toponimízate, que difundirá o valor dos nomes da terra e procurará colaboradores para a recolla de microtopónimos en 17 concellos. Entre eles atopamos os de Fisterra e Zas.
Un proxecto a posta en valor deste patrimonio inmaterial que supón a nosa toponimia, involucrando ademais a axentes singulares de cada concello.
Coas 17 sesións que se van levar a cabo este ano, a campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chega xa a un total de 70 concellos do país.
As sesións abertas chegarán á nsoa comarca:
- Fisterra: luns, 10 de outubro ás 17:00 horas no salón de actos da Casa do Concello;.
- Zas o luns, 21 de novembro, ás 16:30 h na sala de usos múltiples do IES Maximino Romero de Lema de Baio.
As persoas interesadas en colaborar na recuperación da toponimia tradicional poden contactar cos responsables de Galicia Nomeada a través da web, https://galicianomeada.xunta.gal, do correo electrónico toponimia@academia.gal ou no teléfono 881 995 322. Poden descargar aquí a APP.
Novas relacionadas
- Verdillo é con V.
- A Real Academia Galega afonda nos topónimos de Carballo.
- A veciñanza de Carnota interésase por documentar cada rocha do Monte Pindo ca RAG.
- O significado dos nomes dos 19 concellos da Costa da Morte segundo a RAG.
- A Laracha recupera a súa toponomia.