Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Carnota interésase por documentar cada rocha do Monte Pindo ca RAG

Toponimizate-Carnota-2 copia
A veciñanza de Carnota interésase por documentar cada rocha do Monte Pindo ca RAG

Ata Carnota desprazouse esta fin de semana a campaña ‘Toponimízate’, da Real Academia Galega. Merche Noceda, primeira tenente de alcalde, deu paso á sesión ofrecida Vicente Feijoo, ante un Salón de Actos municipal bastante ateigado de xente comprometida co patrimonio inmaterial de Carnota e do Monte Pindo.

Toponimizate-Carnota-5 copia

Feijoo fixo un percorrido teórico lembrando que “Carnota é un topónimo de orixe prerromana formado a partir dun radical CARN, un dos derivados da raíz car ou kar , ‘lugar pedregoso’. Un significado semellante, ‘monte penedoso ou abundante en pedra‘ é o que tradicionalmente se atribúe a unha raíz PINNETTU, que podería estar detrás do significado do Pindo; malia que tamén podería tratarse dun derivado de PINITUS, e por tanto, de PINUS, ‘piñeiro’.

Tamén tratou algún outro topónimo concreto como o de San Mamede ou Santa Comba, nomes en zonas altas. San Mamede foi un santo anacoreta que deu nome a varias serras e lugares altos cos seus correspondentes santuarios. No caso de Santa Comba, segundo a tradición popular, esta mártir cristiá era considerada unha meiga que se converteu cando atopou a Xesucristo, pois este díxolle: “Enmeigar enmeigarás, pero no meu reino non entrarás”.

A veciñanza non deixou escapar a Feijoo durante máis de 3 horas, facendo ao final da conversa moitas preguntas sobre etimoloxía pero tamén sobre o funcionamento da aplicación Galicia Nomeada, que xa conta con máis de 3.000 nomes de lugar de Carnota rexistrados, pero que aínda ten moito campo por abarcar. De feito, os asistentes se amosaron moi interesados en utilizar a aplicación para a recollida de microtóponimos de cada rocha do Monte Pindo.

Novas sobre a toponimia do Pindo

Comentarios