Venres. 19.04.2024
El tiempo

A RAG afondará nos topónimos de Fisterra e Zas

APP Galicia Nomeada
A RAG afondará nos topónimos de Fisterra e Zas

Xa analizaron os nomes de Carballo ou Carnota, mesmo propoñendo cambios significativos nalgún topónimo importante. Agora, a Real Academia Galega lanza unha nova etapa do proxecto Toponimízate, que difundirá o valor dos nomes da terra e procurará colaboradores para a recolla de microtopónimos en 17 concellos. Entre eles atopamos os de Fisterra e Zas.

Un proxecto a posta en valor deste patrimonio inmaterial que supón a nosa toponimia, involucrando ademais a axentes singulares de cada concello.

Coas 17 sesións que se van levar a cabo este ano, a campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chega xa a un total de 70 concellos do país.

As sesións abertas chegarán á nsoa comarca:

  • Fisterra: luns, 10 de outubro ás 17:00 horas no salón de actos da Casa do Concello;.
  • Zas o luns, 21 de novembro, ás 16:30 h na sala de usos múltiples do IES Maximino Romero de Lema de Baio.

As persoas interesadas en colaborar na recuperación da toponimia tradicional poden contactar cos responsables de Galicia Nomeada a través da web, https://galicianomeada.xunta.gal, do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 881 995 322. Poden descargar aquí a APP.

Novas relacionadas

Comentarios