Revisan as obras de mellora de vías en varias parroquias de Zas
Recibía onte o Concello de Zas a visita da delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora territorial da Consellería de Medio Rural, Nieves Mancebo. O Concello en marcha obras por case un millón de euros, pero a comitiva da Xunta para comprobar o investimento de máis de 300.000 euros para varias intervencións ao amparo do Plan Marco de Mellora de camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas e tamén do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración e reestruturación parcelaria, unha nova orde de axudas publicada o ano pasado.
O alcalde de Zas, e os voceiros do PP de Zas e Vimianzo, recibiron a comitiva e realizaron un paseo revisando a capa de rodadura instalada en Pudenza, Brandomil e Gomarís en Zas por un importe de 78.063 euros. Un investimento que se une ao realizado o ano pasado de máis de case 78.000 euros que permitiu o aglomerado en Pedrapadreiro e Maran. Son subvencionables camiños de acceso a parcelas agrícolas.
Camiños parcelarias
Con respecto aos camiños das parcelarias Zas recibiu máis de 145.000 euros para a mellora de 3 camiños municipais cunha lonxitude de 2,1 quilómetros na parcelaria de Brandoñas, Marán e Andragalla. As obras inclúen limpeza de cunetas e asfaltado
Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, ademais de Zas (145.000€) recibiron estas axudas os concellos de Cabana de Bergantiños (128.024€), Muxía (82.688€) e Vimianzo (101.530€) o que supón un investimento total nesta área de 457.296 euros.