Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo acolle unha singular exposición de maquetas

Maqueta do Faro de Fisterra
O Faro Fisterra tamén ten o seu Exín
As Torres do Allo acolle unha singular exposición de maquetas

O venres 1 de abril inaugúrase nas Torres do Allo a exposición "Galicia con Exín Castillos", organizada polo Concello de Zas e a Deputación da Coruña. O acto celebrarase ás 11:30 nas dependencias do pazo máis antigo de Galicia e nel intervirán o Alcalde de Zas e Xosé L. Penas, Deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña.

Exin Castillos, foi un xoguete de enorme fama na década de 1980 co que calquera neno e nena podía construír o seu propio castelo medieval ou mesmo un pobo do afastado oeste. En 2015, os membros da asociación Exin Castillos & West, Fran Guerra, Santiago Franco, Luís Arias, Marcos Oliveira e Xurxo Barcala recuperaron a súa afección e dedicáronse a recrear os monumentos máis recoñecidos da cultura galega cos mesmos xoguetes.

Na exposición “Galicia con Exin Castillos” poderemos atopar castelos como o de Pambre (Palas de Rei - Lugo) ou o de Sobroso (Mondariz - Pontevedra); pazos como o de Meirás (Sada - A Coruña), o faro de Fisterra ou a Torre de Hércules (A Coruña) e ata a catedral de Santiago entre outras moitas maquetas expostas por todo o pazo das Torres do Allo. Tamén estará o “Castelo Fantasía”, unha enorme maqueta que Fran Guerra comezou a construír dende moi cativo e onde os máis pequenos e pequenas deberán atopar as figuras agochadas.

A mostra poderá visitarse todos os sábados, domingos e festivos en horario de apertura do Pazo, de 11:00 h a 19:00 h.

Exposicion Exin Castillos en Zas

Comentarios