Luns. 06.05.2024
El tiempo

As Torres do Allo acollen hoxe xoves a Romería de San Ramón

romaria-san-ramon-allo-2023
As Torres do Allo acollen hoxe xoves a Romería de San Ramón

A contorna das Torres do Allo acolle este venres 31 a tradicional romaría de San Ramón do Allo cun completo programa de actividades para todos e para todas organizado polo Concello de Zas co fin de recuperar unha das festas máis populares do municipio.

Unha das novidades deste ano é que haberá actividades ao longo de todo o día, e non só pola mañá como viña sendo habitual. A partir das 11:00 horas abrirá o mercado de artesanía no que se baten marcas xa que haberá máis de vinte postos que nos ofrecerán distintos produtos
feitos a man: encaixe, xoguetes, instrumentos musicais, bisutería, cesteiría, xabróns,… Os postos estarán abertos ao longo de toda a tarde.
Para os máis novos temos preparadas varias actividades que comezan pola mañá cun obradoiro de barro (a partir das 12:00 horas). Ás 17:00 horas, faremos unha xincana infantil e ás 18:00 horas haberá cantacontos con Paco Nogueiras que será o encargado de poñerlle o broche a esta festa popular.
Ademais, o Concello de Zas acondicionou unha zona para as merendas de campo que se poderá usar de forma totalmente gratuíta. E como non podía ser doutra maneira, non faltará a música que nos chegará a iso das 14:00 horas da man do grupo AILÁ.

Comentarios