Últimos días para participar nos Premios Fouciño
14:07 06/06/18
Á promoción do festival sumouse o cura de Baio que anima a enviar as curtas dentro do prazo, que remata este vernes, para conseguir o perdón
Vai chegando ao seu fin o prazo para presentar as curtas ao concurso dos Premios Fouciño de Baio e no que se reparten 1.000 euros en premios. O concello de Zas, organizador do certame xunto cun grupo de mozos e mozas da vila, ampliou ata o próximo venres, 8 de xuño, o prazo para presentar as curtametraxes. Un ano máis, o certame conta co apoio sacerdotal a través do párroco de Baio tal e como se pode ver no último vídeo promocional colgado na canle de Youtube dos Fouciño.
O concurso dívidese en dúas categorías; unha para centros de ensino e outra aberta para o público en xeral. En total, repartiranse 1.000 euros en premios ademais dos trofeos conmemorativos. A temática é libre e as pezas deberán ter unha duración máxima de cinco minutos e ser en galego ou posuír os subtítulos en galego. Entre todas as pezas presentadas na
categoría libre seleccionaranse dez curtametraxes finalistas e outras tres de reserva. No caso da categoría para centros de ensino, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos, pasarán á final todas as curtas presentadas. As bases do concurso pódense consultar na páxina web municipal do concello de Zas.
Novas relacionadas
- Fouciño 18: Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño
- Fouciño 18: O audiovisual e a música volven a Baio na III edición dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Santi Romay, padriño dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: MounQup e Igmig traerán as súas músicas ao festival dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Os Fouciños asaltan as aulas
- Fouciño 18: Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego.
- Interplay 18: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
- Fouciño 17: Curtas e moito máis nos Premios Fouciño de Baio:
- 06-07-17: Lucía Regueiro: “O sábado estarei por Baio para gozar coas curtamentraxes que participan nos Premios Fouciño”
- 25-06-17: “Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza”
- 20-06-17: Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- Fouciño 2016: Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).