Un Memorial Pepe Valiña internacional e de estrea
03:00 17/12/18

Pequena volveu quedar a Igrexa Nova de Baio para o festival de Nadal da Coral Xan Mella. O XV Memorial Pepe Valiña en Baio, que este ano tivo carácter internacional, volveu ser todo un éxito, e serviu ademais para que as mulleres da coral estreasen as novas blusas adquiridas grazas a unha subvención da Deputación.
Actuaron catro agrupacións polifónicas: O Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, Coral Estelas do Mar de Mugardos, Orfeao de Loureiro de Oliveira de Azemeis (Portugal) e os anfitriós da Coral Xan Mella, que dende logo foron os que máis aplausos arrincaron do entregado público.

