Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha Carballeira do máis viral

Unha Carballeira do máis viral
Presentacion da Carballeira de Zas 2016 Presentacion da Carballeira de Zas 2016 Presentábase este sábado 28 de maio a 33ª Festa da Carballeira de Zas 2016, que se celebrará os 5 e 6 de agosto. Unha gaita que bota lume é a imaxe do cartel (feito por Miguel Riveiro) desta nova edición, que revive o espírito festexeiro de todo o pobo de Zas. De feito a presentación demostrou que hai un pobo enteiro volcado detrás deste festival, referencia internacional da música folk. Xa sabiamos algunhas das bandas que van pasar pola mítica Carballeira de Velar. Nada menos que Mago de Oz, un dos grupos que revolucionou en España o concepto de heavy-folk. Tamén teremos con nós aos virais Steve'n'Seagulls, que conseguiron millóns de visualizacións da súa versión folclórica do Thunder de AC/DC. Agora sabemos que tamén volven Luar na Lubre, despois dos problemas co son do ano pasado. Tamén estarán Pelepau, Andrés Penabad, Ce Orquesta Pantasma, O Ghusto do Boi... e moitos máis. image Carballeira de Zas Falou o alcalde Lolo Muíño quen se amosou moi orgulloso da Semana Cultural que remata no cumio da Festa. David Rial Montes, presidente da Asociación Castro Meda, sinalou que entre Concello e a entidade organizadora están traballando nunha comisión moi ben coordinados sendo voceiros Fidel Otero e Manuel Bouzas. Unha coordinación necesaria para revivir un festival nos que houbo momentos que parecía enterrado. Pero gracias ao empeño da xente de Zas conseguiron revitalizalo. Como principais novidades da 33ª edición da Festa da Carballeira destacan: dous días de festival, unha gran sesión vermú o sábado ao medio día, unha zona infantil, unha pequena feira de artesanía, e a venda de entradas online, cos prezos máis baratos nestas primeiras semanas (xa hai un bono promocional de 10€ para os dous días). O venres será unha mestura musical, non só folk, que centrará a gran noite sabatina. Outra novidade é a implantacion vaso ecolóxico, que cun depósito 1€ podes levalo para casa, coa clar intención de reducir o lixo. Aquí deixamos un dos reclamos do festival:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios