Volven os Contos ás Bibliotecas de Camariñas, Malpica, Ponteceso e Zas
Mes de setembro, e ademais do cole, volve a actividade ás Bibliotecas, unha oferta máis que sabedora para todas as familias.
Nas Bibliotecas de Baio e Zas
Así acontecía na Axencia de Lectura de Baio este martes, co arranque da programación para este outono nas bibliotecas zaseiras. A compañía Bandullo Azul trouxo o seu espectáculo “Cambi@ contos - Filipa cos contos”, con historias moi coñecidas por todas e todos pero cunha visión diferente á versión tradicional.
O programa do Concello de Zas, que tendes na web municipal, continúa coa visita do Carballo con Botas o 21, ás 18:00h na Biblio de Zas, para adentrarnos nos bosques galegos.
O martes 28 toca, de novo en Baio, unha sesión de cAntacontos para bebés da man do coruñés Pablo Díaz.
O 5 de outubro, en Zas, chega “Comechíns, segundo prato”, de Galeatro.
O Mago Deimi sorprenderá todos o 13 de outubro ás 18:00 horas na Axencia de Lectura de Baio co seu espectáculo “A maxia está nos libros”.
O xa mítico pola volta Caxoto presentará “Levántate Xan” o 19 de outubro en Zas.
E para pechar, o venres 22 de outubro haberá dobre función con Montse Farjardo que contará sete historias reais de malos tratos a través de “Invisibles, relatos do maltrato”. A primeira sesión será ás 10:00 horas no IES de Baio e a segunda ás 12:00 horas no CPI de Zas.
Para asistir hai que facer reservas no 981 751 398 (Centro Sociocultural de Zas en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas) ou no 981 718 056 (Centro Sociocultural de Baio en horario de martes a venres de 15:00 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas).
Animación en Camariñas
O Concello de Camariñas deu a coñecer o programa de animación da Biblioteca Municipal, que comezará o vindeiro 16 de setembro con “A verdadeira historia de Hamelin” con Moc Moc Mere Clown a partir das 17:30 horas.
O 23 de setembro, tamén ás 17:30 horas e para idades comprendidas entre 6 e 12 anos, unha actividade de robótica educativa promovida pola Asociación Lucense de Tempo Libre.
O 30 de setembro, ás 17:30 horas, ‘Contos’ de Chuches Amil, para idades de entre 3 e 10 anos.
O 7 de outubro quenda para o obradoiro creativo “Autores con pegada” con Isabel Herrero Díaz. Para idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos e cunha duración de 50 minutos.
O 14 de outubro e ás 17:30 horas o ‘Contacontos de animais’ con Lía Magalia ocupará o espazo da Biblioteca. Para idades entre 4 e 10 anos.
Na derradeira actividade de outubro, Fran Rei escenificará ‘O conto de Barriga Verde’ ás 17:30 horas e para público infantil.
E por último, o día 4 de novembro, cita para ‘Como montar a túa banda de verán’, por Xoan Curiel, para as crianzas de entre 5 e 11 anos.
As actividades comezarán o 16 de setembro e serán de balde, previa reserva no 665 134 490.
Tardes na Biblioteca de Malpica
O departamento de Cultura de Malpica organiza este outono unha nova edición das ‘Tardes na biblioteca’, Todos os venres ás 18:00 horas dende o 24 de setembro e ata o 15 de outubro (ambos incluídos), a biblioteca Eduardo Blanco Amor acollerá unha serie de actuacións coas que educar aos máis pequenos da casa dentro dos valores da cultura e da narración oral.
O 24 de setembro dará comezo o programa con ‘O arquivo do Chibo’, do grupo Os Contos de Pablísimo, unha fabulación arredor do conto clásico cun público obxectivo entre os 4 e os 9 anos.
O 1 de outubro, será ‘A caixa sen Pandora’, de Teatro de Ghazafelhos, unha historia accesible para nenas e nenos a partir de 4 anos na que se achega á rapazada a loita das mulleres pola igualdade.
O 8 de outubro está programada a actuación ‘Aldara na montaña’, de Soraya Lema, adecuada para público de entre 3 e 11 anos. Aldara, a protagonista desta historia, narra de xeito musical as súas andanzas polos montes dos Penedos de Pasarela e Traba.
Finalmente, o 15 de outubro rematan as ‘Tardes na biblioteca’ deste outono con ‘Entre bechos anda o conto’ da compañía Galeatro. Esta sesión de narración oral está destinada para rapazas e rapaces a partir de 5 anos.
Cómpre reservar entradas en [email protected] onde se indique nome completo, DNI e un teléfono de contacto.
Os Ratiños de Lonxedetodo en Ponteceso
Este venres 17 de setembro, ás 18:30h, os “Os Ratos de Lonxedetodo” de Trinke Trinke visitan a Biblioteca Municipal de Ponteceso.
Para poder gozar desta actividade é preciso inscribirse previamente, contactando no 659 431 242, pois o aforo será limitado.