Volven os Premios Fouciño de Baio
20:01 22/05/17
Sés e Tito Calviño animan a participar nos Premios Fouciño de Baio
Volven os Premios Fouciño para converter Baio na capital do audivisual da Costa da Morte cun festival que se celebrará o vindeiro 8 de xullo. A encargada de organizar este evento é a asociación cultural Adro co que pretende premiar os dotes técnicos, artísticos e creativos dos estudantes da Costa da Morte así como de todo aquel interesado na creación audiovisual.
Para iso, crearon un concurso con dúas categorías; unha aberta ao público en xeral e outra para o alumnado de centros de ensino de secundaria. Co obxectivo de incentivar a participación entre os máis novos, a organización impartará charlas en distintos institutos da zona onde lle falarán aos estudantes das ferramentas dispoñibles para a creación dunha curta.
Os interesados en participar poden enviar as súas pezas antes do 30 de xuño enviando un correo electrónico a [email protected] no que baixo o asunto “Concurso Fouciño” anexe a peza audiovisual ou o enlace para poder descargala e a folla de inscrición que aparece nas bases do concurso que se poden consultar na páxina de Facebook do evento. No concurso poden participar todas aquelas obras – de calquera xénero – que estean en galego (ou non seu caso subtitulada) e que non supere os 5 minutos de duración. A temática é libre.
Os premios, que se entregarán o 8 de xullo no marco dun festival, serán de 500€ e un trofeo para a categoría libre e de 300€ en bonos canxeables e un trofeo nos establecementos de Baio para a categoría de institutos. O público tamén votará pola súa obra favorita durante a proxección das pezas que se fará o propio día do festival en distintos comercios da vila.
Redes sociais
Os Premios Fouciño teñen unha gran actividade nas distintas redes sociais. Precisamente, estes días publicaron na súa páxina de Facebook vídeos de xente tan coñecida como Sés, De Vacas ou a parte dos integregrantes de Luar na Lubre animado ao público a participar neste singular evento.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1743063505708948/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Máis información
Novas relacionadas
- Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).