A xalleira Maica Gorgal levou as historias de Varilongo ao Club de Lectur Baiolendo

Segue recibindo autoras de primeira orde o  Club de lectura de adultos Baiolendo do IES Maximino Romero de Lema. Onte, 2 de febrero, foi Maica Gorgal, natural de Santa Comba, a que visitou o centro baiés para presentar a súa obra "A casa da mina". Unha obra que, segundo as súas propias palabras, realizou para “preservar a memoria dos teus avós”.

Trátase dunha espléndida novela ambientada na Galicia mineira da posguerra, en concreto a mina de Varilongo que temos aquí cerca, en Santa Comba, unha mina á que foi traballar moita xente da comarca durante a ditadura franquista.

Xuntos debullaron unha historia de amor, supervivencia, segredos, dureza, pobreza e guerra; unha lectura emocionante que aconsellamos ler e na que se combina realidade e ficción e que representa os sacrificios que esixe o amor en tempos difíciles.

Máis novas