Zas acolle unha charla informativa sobre a praga da pataca
07:05 09/03/17
O vindeiro martes, 14 de marzo, terá lugar no auditorio do centro sociocultural de Zas unha sesión informativa sobre a praga da cuzca guatemalteca que afecta ás patacas.
A sesión informativa - que será impartida por persoal técnico da consellería de Medio Rural - comeza ás 12 horas. A praga afecta, polo momento, a 31 concellos da zona de Ferrolterra e do norte de Lugo.
O concello de Coristanco realizou esta semana unha destas sesións na que participaron unha gran cantidade de veciños e veciñas.
Novas relacionadas
- Abarrote na charla sobre a praga da pataca en Coristanco
- Coristanco acolle unha charla sobre a polilla guatemalteca da pataca
- A praga da pataca en dez puntos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Concello de Zas