Zas entregou os seus premios literarios


O pasado sábado tivo lugar a entrega de prmios do III CONCURSO DE MARCAPÁXINAS organizado polo concello para conmemorar o día das Letras Galegas.
Os traballos premiados foron obra de:- Jorge Carneiro Rojo e Noelia Varela Veloso na categoría B (1º a 5º de Primaria).
- Gabriel Bouzas Nieto e Adrián Castro Martínez na categoría C (6º de Primaria a 4º da ESO )
Os agasallos foron entregados polo alcalde de Zas, Manuel Muíño.

A Locamotora chegou a Zas

E dentro da programación das Letras Galegas, onte a compañia A LOCAMOTORA representou en Zas e Baio a obra "O tenderete da Cachifallada", á que acudiron os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria dos colexios CPI de Zas e Labarta Pose de Baio.
Máis actividades
- 20 de Maio: Teatrovador: Hamelin BomBom:
- Ás 11.00h no Auditorio do concello;
- Ás 15.00h no Auditorio de Baio. - 24 de Maio: Sesión de Contacontos, a cargo da Compañía do Trinke Trinke. Na Biblioteca Municipal (18.15 h).
Exposicións
A "A Campaña Mundial pola Educación" estará do día 16 de maio ao 3 de xuño no Centro Sociocultural de Zas. "A Campaña Mundial pola Educación" trata sobre a CME, unha entidade que xurdiu como un movemento da sociedade civil para dar seguimento aos 6 obxectivos de Educación para Todos e Todas (EPT) acordados polos participantes no Foro Mundial sobre a Educación celebrado en Dakar, Senegal en abril de 2000.
Novas relacionadas
- Unha guía para navegar en galego.
- A Coral que lle canta aos soños de California.
- O FestiLetras volve con lingua no Couto.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Zas, da man de Fidel Otero.