Domingo. 17.10.2021
El tiempo

Zas inclúe os seus lugares de interese dentro do catálogo paisaxístico galego

Zas inclúe os seus lugares de interese dentro do catálogo paisaxístico galego
Tecnicos de Zas participaron no obradoiro para a elaboracion das directrices da paisaxe Técnicos de Zas participaron no obradoiro para a elaboración das directrices da paisaxe Dez técnicos de Zas participaron onte á tarde no obradoiro participativo para a elaboración das directrices da paisaxe que tivo lugar no centro Sociocultural de Baio. Os participantes sinalaron os principais atractivos do municipio entre os que incluíron o diverso patrimonio natural e cultural. Así, as Torres do Allo, a Carballeira de Baio, Pedra Vixía, a Su a Agra, a contorna da capela de Monte Torán,... son algúns dos puntos propostos para que queden recollidos no Catalogo da Paisaxe, que xa ten pública unha primeira edición. Esta iniciativa permite que sexa a veciñanza de Galicia a creadora do Catálogo da Paisaxe achegando a súa propia visión e opinión sobre a súa contorna máis próxima. Os interesados en participar na elaboración das directrices da paisaxe galega poden facer as súas achegas entrando en sixot.es/CatalogosPaisaxe. Todos estes datos serán analizados polos técnicos.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios