Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Zas prepara un completo programa de actividades para vivir o Nadal

Programacion Nadal Zas 22-23 copia
Zas prepara un completo programa de actividades para vivir o Nadal
O Concello de Zas prepara un programa de actividades para desfrutar desta época chea de ilusión e de maxia.

Aínda que hai actividades para todos os públicos, os verdadeiros protagonistas son os máis novos da casa e estes son os espectáculos que temos preparados para eles:

• A programación arranca o próximo luns, día 12, co contacontos infantil “Viaxe a Sudamérica” que traen os ratiños de Lonxedetodo. Será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Baio.
• Ao día seguinte, o martes 13 de decembro, repiten a función no Centro Sociocultural de Zas. Tamén ás 18:00 horas.
• O programa de Nadal tamén contempla diversos espectáculos nos centros de ensino do municipio. O primeiro deles será o día 15 ás 12:30 horas no Auditorio de Baio coa función “Cantaxoga”, de Migallas Teatro.
• Trío Detres trae o seu traballo “Máis ritmo” o venres 16 ás 10:15 horas ao Auditorio de Zas.
• A música non pode faltar na programación de Nadal e o sábado 17 de decembro a partir das 17:00 horas temos no Centro Sociocultural de Zas o “Festival de Nadal” que nos chega da man dos alumnos e alumnas da Escola de Música Moderna de Zas.
• O martes, 20 de decembro, Dani Polo trae o seu espectáculo “Galemaxia”. Fará dúas funcións escolares; unha ás 10:15 horas no Auditorio de Zas e outra ás 12:30 horas no Auditorio de Baio.

Obradoiros infantís

Outra das actividades que non poden faltar no  programa de Nadal son os obradoiros infantís cos que axudamos á nosa veciñanza a conciliar a vida laboral e familiar. Este ano temos dúas propostas diferentes.
• A primeria será os días 17 e 18 de decembro (sábado e domingo) cun obradoiro de “Postais dende O Allo”. Será a partir das 16:00 horas e é de balde.
• Do 26 a 30 de decembro temos o campamento “Zas Nadal” no que os máis pequenos terá pequenos obradoiros, actividades musicais, xogos e… moita diversión. Haberá dúas quendas, unha de 10:00 a 13:00 horas no Centro
Sociocultural de Zas e outra de 16:00 a 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio.
Para asistir a calquera destas actividades é necesario anotarse previamente no Centro
Sociocultural de Zas ou no de Baio ou a través dos seguintes números de teléfono: 981
751 398 / 981 718 056.
Para o público adulto
Coma sempre, no programa de Nadal organizado polo Concello de Zas en colaboración
coa Deputación da Coruña, temos propostas para o público adulto.
• O sábado, 17 de decembro, Malasombra Teatro interpretará a súa obra “De algo
hai que morrer” no Auditorio de Zas. Será ás 21:00 horas.
• Este ano temos de novo un obradoiro de “Caixiñas de Nadal” para o público
adulto que realizaremos os días 10 e 17 de decembro no Centro Sociocultural de
Zas a partir das 16:00 horas. Ten un custo de 10€ por persoa e para asistir é
necesario anotarse antes no 981 751 398 ou no 981 718 056.
A programación deste Nadal péchase coa tradicional Cabalgata de Reis que, un ano
máis, percorrerá o noso municipio durante os días 4 e 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e
Baltasar - acompañados do seu séquito de paxes - levarán a maxia e a ilusión aos case
cen núcleos de poboación do noso concello e repartirán uns pequenos agasallos entre
todos os veciños e veciñas que se acheguen a visitalos.
O xoves, 5 de xaneiro, as SS.MM. Os Reis Magos farán un percorrido especial polas
rúas de Baio e polas de Zas. En Baio será ás 18:00 horas e logo farán unha recepción
real na Praza Jorge Mira Pérez. A festa rematará coa actuación de Os Trasnos de Nadal.
E en Zas, comezarán o percorrido ás 18:30 horas e tamén farán unha recepción real na
Praza do Concello. O fin de festa chegará da man do Mago Paco.

Comentarios