Martes. 23.04.2024
El tiempo

Zas presenta un programa con actividades para todas as idades

programa-actividades-zas-2022-2023
programa-actividades-zas-2022-2023
Zas presenta un programa con actividades para todas as idades

O Concello de Zas vén de anunciar o seu programa de actividades para este 2022-2023 que, segundo indican dende o consistorio, "trae 26 actividades culturais, deportivas e dixitais para todos os gustos e para todas as idades".

O programa arranca o vindeiro 1 de outubro e as persoas interesadas en participar poden anotarse ata o 30 de setembro cubrindo unha ficha de solicitude que atoparán na Casa do Concello.

Co fin de promover a actividade física e o deporte, o Concello de Zas ofrece actividades tanto para persoas adultas como para a rapazada. Para as persoas adultas haberá durante os próximos meses clases de zumba, ximnasia de mantemento, ximnasia terapeútica e pilates e ioga que se impartirán en Zas e en Baio. Mentras que a rapazada poderá escoller entre patinaxe, multideporte, escolas de fútbol, balonmán, judo, tenis de mesa, taekwondo, atletismo e tiro con arco (que tamén se ofrece para adultos).

No programa tamén se ofrecen diferentes actividades culturais entre as que están a escola de teatro para adultos e a infantil e outras actividades coas que se fomenta a creatividade tales como manualidades, bordado e ganchillo e cesteiría, entre outras. E como novidade, realizaremos cursos de restauración de mobles, arreglos florais e enxerto e poda. Tampouco faltarán os obradoiros de memoria, dirixidos a persoas maiores de 65 anos, nin outros clásicos como as clases de xadrez e cociña.

As persoas adultas tamén poderán ampliar os seus coñecementos dixitais cos cursos de manexo de móbil (nivel básico e avanzado). E como vén sendo habitual, as persoas que o desexen - independentemente da súa idade - tamén poder anotarse na escola de música na que se impartirán clases de acordeón, canto, guitarra, percusión,…

O programa completo pode consultarse na páxina web oficial do Concello de Zas, na seguinte ligazón.

Comentarios