Venres. 26.04.2024
El tiempo

Zas propón un outono de ocio, deporte e lecer para todas a idades

programa-actividades_zas_2021_2022 copia
Zas propón un outono de ocio, deporte e lecer para todas a idades

Atletismo, fútbol, tenis de mesa, pilates, cociña, manualidades, manexo do móbil, informática, teatro,… son algunhas das propostas que se inclúen no programa de actividades deportivas, de ocio e de lecer para toda a veciñanza que vén de poñer en marcha o Concello de Zas a través do departamento de Cultura e Deportes.

En total son máis de 25 actividades que se desenvolverán en diferentes localizacións do noso municipio e que arrancarán o vindeiro 18 de outubro. Dado o número de prazas son limitadas, as persoas interesadas deberán facer un preinscrición previa.

Os/as interesados/as en asistir a algunha ou varias destas actividades deben anotarse previamente na Casa do Concello (981 708 303), no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056). Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Zas.
As listas de admitidos/as publicarase de forma previa ao inicio das actividades e para asistir deberase cubrir debidamente a folla de inscrición antes do pago da mesma. As actividades comezan a partir do 18 de outubro e case todas teñen unha duración de seis meses.

Comentarios