Zas recoñece a labor das súas campionas do mundo de Baile

10:33 24/11/22
Hai dúas semanas, o Club Arte e Movemento conseguíua unha cifra record de medallas nos Campionatos do Mundo de Baile Caribeño. E o club está formado por numerosos deportistas de toda a comarca. Dúas son de Zas Alba Mourelle Costa (veciña de Baio - Zas) e á súa compañeira de baile Ashley Sánchez (veciña do Concello de Cee), que quedaron campionas do mundo na categoría júnior de Bachata por Parellas.
De aí que o alcalde zaseiro, Lolo Muíño, e Pilar García, Concelleira de Educación e Promoción Económica, quixeran facer un recibimento oficial, para darlles os merecidos parabéns e agradeucelles que levaran o nome de Zas ata o campionato mundial de Varsovia Tamén aproveitou a ocasión para entregarlle uns agasallos.