Venres. 19.04.2024
El tiempo

Zas súmase ao pacto das Buseranas para loitar contra a violencia de xénero

Zas súmase ao pacto das Buseranas para loitar contra a violencia de xénero
ennegro-concello-zas Por segundo ano, o concello de Zas participa na campaña "En negro contra a violencia" O concello de Zas vén de aprobar a moción da organización feminista Buserana no no que se insta aos gobernos da Xunta da Galicia e do Estado asinar un pacto para a loita contra a violencia de xénero e que foi aprobado en catorce concellos máis da comarca. A moción aprobouse no pleno extraordinario celebrado o pasado martes cos votos a favor de todos os membros de goberno e coa abstención dos representantes do Partido Popular de Zas. En Negro contra a Violencia Por segundo ano, o concello de Zas súmase á campaña “En Negro contra a Violencia” impulsada pola concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela e no que na presente edición participan 75 concellos de toda a comunidade e as deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Na campaña - que se presenta este sábado nas Torres do Allo - participan 105 establemecementos de todo o municipio que tinguirán de negro os seus escaparates e estanterías ademais de carteis con mensaxes contra a violencia. Novas relacionadas Fonte

Comentarios