As Miúd@s competirán na 2ª División Autonómica de F11


En apenas un mes, o soño dun par de insesatos é unha realidade a todos os efectos. O equipo d@s Miúd@s competirá esta temporada representando á Costa da Morte na 2ª División Autonómica Galega de Fútbol 11 Feminino. Aí é nada.
A día de hoxe xa son 15 as xogadoras comprometidas ao 100%, e faltan varias por confirmar para completar un plantel necesario para competir con equupos como o Xuventú Aguiño, o Villestro, o Valdeorras, Touro, Santiso, Atlético Arousana B, Unión, Armenteira, Estrada, Abella, Antas, Puentearnelas, Cambados, Victoria C e Carreira. Vai ser un ano de longas viaxes.
Por agora, Fran Figueroa conta coas Antía, Lola, Estefanía, Julia, Martina, Antía King, Marta Verán, Gala, Martinha, Sara Romero, Sara Cubelo, Laura, Lucía, Natalia, Yaiza, Iria, Melody, Pati, Bárbara, Lía, Lety, Silvia, Leticia, Marcela, Sofía, Terre, Ainoa, Lisa…
Faltas ti?
A historia d@s Miúd@s
- 17-07-17: 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- 05-07-17: Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- 21-06-17: Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).