Atopada unha planeadora dunha descarga de droga nas augas de Ponteceso

09:15 13/06/16

Esta tarde aparecía nas augas de Ponteceso, no portiño de Santa Mariña, en fronte da praia de Niñóns, esta planeadora. Si, unha desas planeadoras utilizadas para as descargas de cocaína ou hachís utilizadas polos clanes galegos da droga.
A Garda Civil está investigando o caso.
Semella que as historias da Costa da Morte que conta Nacho Carretero no seu libro "Fariña" non quedaron no pasado…
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).