venres. 02.05.2025
El tiempo

Evento

Festival Shanti OM

16/xuño/2017 a 18/xuño/2017
4:00 h a 6:00 h
Santa Comba
Festival Shanti OM
Festival Shanti OM Santa Comba 2017

Despois do , este ano non podía faltar a cita coa meditación, coa paz, coa reflexión en Santa Comba. Xa hai datas para o II Festival Shanti OM, que se celebrará na capital xalleira do 16 ao 18 de xuño.

”A Deusa Saraswati" (a imaxe do festival), invítanos a unir os nosos corazóns arredor de todo tipo de actividades, desde todas as variedades de Yoga, ata talleres de moitas variedades,concertos, danza e medicina alternativa, etc.

Haberá ademais unha área especial para os nenos de 5 a 12 anos cunha programación fantástica de entrada libre para os máis pequenos.

Máis información e inscrición

Xa podedes comprar as entradas físicas (25€ polos 3 días e 10€ as entradas soltas) no Resturante Factoría Verde e no Centro de Yoga INtegral Mahahsakti da Coruña, no Edificio de Servizos Múltiples de Santa Comba, ou informarvos en festivalshantiom.blogspot.com e no Facebook Festival Shanti OM.

Haberá acampada libre na zona de camping do campo do Carreiro.

Programa

Programa Festival Shanti OM Santa Comba 2017 1Programa Festival Shanti OM Santa Comba 2017 1

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios