Evento
Presentación dun libro en Corme
27/maio/2017 a 27/maio/2017
5:45 h a 6:00 h
Solaina
11:35 24/05/17

Cal auga, terra e lume, Suso Lista xa ten a súa triloxía de relatos. Primeiro, en 2014, foi ”Salseiros”, unha serie de historias que nos levan polo mar salgado de Corme. Seguiulle en 2015 ”Xeixos”, de novo coas peculiaridades da vila mariñeira como fío condutor.
E xa está recén saída do forno a obra que completa esta triloxía, “Charamuscas”, tamén editado por Edicións Embora e que volve situarnos ante as pequenas cousas da vida.
Como non podía ser doutro xeito, o polifacético escritor (foi marino mercante, percebeiro, actor, guionista…) fará a presentación na casa. Estades todos convidados este sábado 27 de maio, ás 17:45h na Solaina de Corme, onde estará arroupado por Miguel Toval e Xosé Manuel Varela.
Novas relacionadas
- Xuño 2015: Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Suso Lista, terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias.
- Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros.
- Dous Susos, dous libros.
- Maio 2014: Suso Lista presenta na casa o seu libro Salseiros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).