Venres. 29.03.2024
El tiempo

Suso Lista presenta na casa o seu libro Salseiros

Suso Lista presenta na casa o seu libro Salseiros
Presentacion Libro Salseiros Suso Lista

Xa case está na rúa o primeiro libro editado do grandísimo percebeiro, actor, escritor… cormelan Suso Lista. “Salseiros”, editada por “Edicións Embora”, verá a luz este sábado 31 de maio, e como non podía ser doutro xeito, será en Corme, na esplanada da Ribeira, a pé de mar.

Con el estarán Alfredo Conde, Premio Nacional de Literatura, que ademais abre o libro co prólogo, Miguel A. Fondo e Miguel Toval, dándolle un toque poético á cita.

A obra, unha recompilación de textos, cheos de sal e ironía, de lembranzas, vén a demostrar a arte deste polifacécito artista, que xa está armando a través da rede unha especie de exposición de arte efímera coas formas das areas da praia do Osmo espectacular

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios