![]()
Este venres, ás 21 horas, terá lugar na casa da Cultura de Vimianzo a estrea da
curtametraxe “Lúcido: diario de soños”; unha curta feita en Vimianzo por mozos e mozas do municipio.
Na estrea estarán Pablo Alvite e Roberto Miñones, os produtores da obra. Ademais, Mateo Pichel, Antía Baña e José Antonio Maceiras, os actores principais, abrirán unha tertulia comentando de primeira man as súas experiencias coa curta. A presentación contará coa actuación dos Druidas da rolda, os compositores e intérpretes da banda sonora.
A
curtametraxe, rodada no verán do 2016, céntrase en Mateo, un rapaz apaixoado polo mundo dos soños. Tanto, que ata crea un diario no que apunta todo o que soña cando dorme. Pero, certa noite, sofre unha serie de pesadelos, polo que se ve obrigado a actuar para non verse atacado. A solución? Entrar lúcido nun soño para superar conscientemente as adversidades.
A presentación rematará sobre as 22 horas, trasladando a festa ao Pub Mehari de Vimianzo; onde haberá pinchos e música en directo nunha noite de celebración.