martes. 01.07.2025
El tiempo

Os murais de Lar volven a Sanxenxo

Os murais de Lar volven a Sanxenxo
Os murais de Lar volven a Sanxenxo
Os murais de Lar volven a Sanxenxo

A Arte e a Cultura da Costa da Morte exponse este mes en Sanxenxo. 9 esculturas con siluetas de muller, creadas no marco do Concurso de Murais de Azulexo de Lar, forman xa Museo Urbano ao aire libre no paseo de Silgar.

Trátase da edición que rende homenaxe ás mulleres, os seus oficios e a emigración, que volve servir de atracción turística na famosa vila pontevedresa.

Cada mural executado en azulexo empregando diferentes técnicas e deseñado por estudantes de secundaria e usuarios da Asoc. Apem de Cee (enfermidade mental) contan historias que unen xeracións e manteñen latente a memoria e a historia da nosa xente.

En cada escultura pódese observar cada oficio, palilleira, tecelá, peixeira, conserveira, labrega, redeira, oleira, costureira e mariscadora.

Murais de Lar de Mulleres en sanxenxo


Os centros educativos participantes nesta edición foron: IES Fernando Blanco, Manuela Rial Mouzo de Cee, Colexio A nosa Señora do Carmen de Fisterra, IES Praia Barraña de Boiro, IES Terra de Soneira de Vimianzo, Esclavas da Coruña, Ies Menendez Pidal Zalaeta da Coruña, IES Eduardo Pondal de Ponteceso e Asoc. Apem de Cee.

Cada Mural inclúe un código QR que permite ao visitante acceder á historia completa de cada obra, vídeos, entrevistas, documentos gráficos, cartas, fomentando unha conexión interxeracional coas raíces culturais e sociais do noso territorio.

Este proxecto vai máis aló da pura estética, fomenta valores como a integración, a diversidade, loita contra o acoso escolar, o traballo en equipo, a investigación, deseño, relación coa nosa contorna, economía colaborativa.

Máis novas

Comentarios