![]()
O grupo Samarúas, composto en boa parte por xente da Costa da Morte, presenta na FNAC da Coruña o seu primeiro videoclip.
"Non" é unha peza audiovisual creada sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro ao que se achegan diferentes claves: poética, social, persoal... Esta obra é o resultado da colaboración con
mmweb.es, encargados do apartado visual.
A cita é ás 19 horas na FNAC situada na praza de Lugo da Coruña.