venres. 09.05.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

11/feb./2017 a 11/feb./2017
9:30 h a 6:00 h
Centro Cultural
Teatro en Muros
sarabela-teatro-muros

A compañía ourensá é a gañadora do premio Cultura Galega 2016 de Artes Escénicas

A compañía Sarabela Teatro trae este sábado a Muros a súa obra “Normas para saber vivir na sociedade actual” espreada a finais do ano pasado. A función comeza ás 21:30 horas no auditorio do centro Cultural de Muros. Esta compañía ourensá son os gañadores do premio Cultura Galega 2016 de Artes Escénicas. A visita Muros será unha das primeiras funcións despois de ter recibido este galardón o mes pasado. “Normas para saber vivir na sociedade actual” é unha adaptación da obra de Jean-Luc Lagarce, dirixida por Ánxeles Cuña e interpretada por Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta. Aos que se une o acordeonista Vadzim Yukhnevich, que coa súa interpretación musical se converte nun persoeiro máis da obra. A obra é unha sátira social, que percorre as normas sociais ás que se somete o home desde que nace ata que morre. Sarabela afirma que cando Lagarce a escribiu se ría de si mesmo, e ela tamén o fai, do autómatas que somos ás veces; e propón un espectáculo moi visual e dinámico. A obra concíbese coma un escaparate social e unha arma de resistencia ao discurso hexemónico. Sarabela Teatro é unha compañía teatral fundada en 1980 por Ánxeles Cuña. Entre os seus integrantes ao longo do tempo estiveron, ademais da propia directora, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz Seoane, Tito Asorey e Nate Borrajo. Faise profesional en 1990. É a compañía privada que acadou máis premios María Casares da historia, tamén acadou varios Premios Compostela e outros galardóns, cinco premios FETEN, dúas veces Finalista nos Premios Max… pero de entre todos hai que destacar o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas 2016, recollido o mes pasado. O espectáculo está inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural ao prezo de 3,50 euros.
Comentarios