Buño, a capital do Fútbol Base por Semana Santa



Teñen parón ligueiro pola Semana Santa o F8. Pero non deportivo. Pois serán 24 os equipos que participarán os vindeiros 24 e 25 de marzo, no II Torneo F-8 Concello de Malpica. O campo de Xaviña de Buño acollerá os choques en tres categorías (prebenxamín, benxamín e alevín) entre arredor de 300 nenos de entre 6 e 12 anos, convertendo á vila oleira na capital costeira do fútbol base.
Participantes
En categoría prebenxamín e benxamín, o Imperátor buscará revalidar os títulos colleitados na edición do ano pasado pero non o terán nada fácil xa que EF Luis Calvo Sanz, Laracha CF, EDM Malpica, EDM Ponteceso, SD Sofán, Xallas FC e Cabana SD intentarán coller o relevo dos coruñeses.
No que respecta á categoría alevín, o torneo contará cunha gran novidade como será a participación dun equipo feminino como é o Victoria CF.
O conxunto branquinegro pelexará co Imperátor OAR, o Buño SCD, o CD Baio, o EDM Ponteceso, o SD Sofán, o Xallas FC e o Cabana SD por coller o relevo do EF Luis Calvo Sanz, equipo que será o gran ausente da competición por outros compromisos e que non poderá revalidar o título de campión.
Horarios
A actividade futbolística dará comezo en Xaviña ás 9.30 da mañá do Xoves Santo, momento no que arrancarán as fases de grupo das respectivas categorías e que se prolongarán ata a tarde-noite do mesmo día.
Mentres que o venres a partir das 10.00 da mañá disputaranse as semifinais, as finais de consolación e as finais das tres categorías.



Novas relacionadas
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).