![Durante o pleno extraordinario do pasado luns gardouse un minuto de silencio]()
Durante o pleno extraordinario do pasado luns gardouse un minuto de silencio
Practicamente á mesma hora na que se celebraban en todo o país concentracións contra a violencia machista convocadas polo feminismo galego, a corporación municipal de Carballo gardou no pleno extraordinario celebrado o pasado luns un minuto de silencio pola a última vítima do terrorismo de xénero e aprobaba a Declaración
Declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O
Bloque Nacionalista Galego - BNG - levará a cabo en toda Galiza unha campaña ata a data do 25 de novembro para esixir que a Xunta poña en marcha
novas medidas de sensibilización social e de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero. O grupo municipal do BNG de Carballo reitera o seu compromiso na loita contra a violencia machista, o que considera que debe ser unha prioridade absoluta na actividade política.
"Por este motivo, o concello de Carballo estará sempre a carón de quen defenda o dereito á vida e a integridade física e moral das mulleres, e agradece o labor das organizacións de mulleres que teñen contribuído, decisivamente, a converter este delito nun problema de Estado", aseguran os nacionalistas carballeses.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- BNG Carballo