![Carmen Isabel Labrador e oleira e presidenta da asociacion de Oleiros de Buno]()
Carmen Isabel Labrador e oleira e presidenta da asociacion de Oleiros de Buno
Carmen Isabel Labrador, oleira e presidenta da asociación Oleira de Buño, será a encargada de inaugurar as
festas da Barca de Muxía coa lectura do pregón que terá este venres, ás 21 horas, no cabo da Vila. Recoñece que está sorprendida e algo nerviosa á vez polo encargo que lle fixeron, ainda que a súa vinculación con Muxía remóntase a 38 anos atrás.
Esta oleira de Malpica - a primeira muller que ocupou un oficio propio do sexo masculino - casouse cun muxián e dende aquela vai todos os anos á
romaría da Barca onde se xunta con familiares e amigos. "Son unha auténtica romeira" asegura Carmen Isabel Labrador. O seu pregón estará cargado de recordos e de anécdotas que viviu ao longo de todos estes anos como romeira ainda que "será corto, non me extenderei moito", reitera a pregoeira.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)