xoves. 01.05.2025
El tiempo

Cee enche o auditorio da tradición local

Cee enche o auditorio da tradición local
Grupo da AVV de Toba 2-Foto-Rafa Quintans 2 O Grupo da AVV San Adrián de Toba -Foto-Rafa Quintáns

Nada mellor que un festival de xente da casa para encher os grandes auditorios das casas de cutura. Así acontece esta semana en Cee, onde no marco da programación de verán, o auditorio Baldomero Cores queda pequeno para as actuacións dos grupos tradicionais locais.

O auditorio Baldomero Cores fica pequeno-Foto-Rafa Quintans O auditorio Baldomero Cores fica pequeno-Foto-Rafa Quintáns

O luns foi o tempo do Grupo de Gaitas Fumes do Cal de Ameixenda e do grupo de baile Breogán de Brens.

Onte martes tocoulle ao Grupo de Pandereteiras Ruidheira de Gures, ás pandereteiras da A.VV Toba e ao grupo da ARCE Pedras Miúdas de Lires.

Ademais, tamén polas rúas de Cee escoitouse a Banda de Música de Cee, dirixida por Fernando Fraga, no Memorial Manuel Rebollar:

https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10214194676604571/ https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10214195896995080/

A cousa aínda ten para rato, e este mércores 9 a partir das 21:00h, serán a Coral do Centro Social, o grupo de baile Terra de Senra e o Grupo Peta Forte os que amenicen a noite.
Para xoves, a programación trasládase á Praza da Constitución onde haberá exhibición de taekwondo.
O venres toca sesión de sala co Teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco e o sábado baile de salón na Praza da Constitución.

Aquí vos deixamos cunha completa Galería de fotos de Rafa Quintáns:

Grupo de Pandereteiras Ruidheira de Gures-Foto-Rafa Quintans Grupo de Pandereteiras Ruidheira de Gures-Foto-Rafa Quintans Grupo de Gaitas Fumes do Cal de Ameixenda-Foto-Rafa Quintans Grupo de Gaitas Fumes do Cal de Ameixenda-Foto-Rafa Quintans Grupo de Gaitas Fumes do Cal de Ameixenda -Foto-Rafa Quintans 2 Grupo de Gaitas Fumes do Cal de Ameixenda -Foto-Rafa Quintans Grupo de baile Breogan de Brens-Foto-Rafa Quintans copia Grupo de baile Breogán de Brens-Foto-Rafa Quintáns Grupo de baile Breogán de Brens-Foto-Rafa Quintáns Grupo de baile Breogán de Brens-Foto-Rafa Quintáns Grupo da AVV San Adrian de Toba-Foto-Rafa Quintans Grupo da AVV San Adrián de Toba-Foto-Rafa Quintáns Grupo da AVV de Toba-Foto-Rafa Quintans Grupo da AVV de Toba-Foto-Rafa Quintáns Grupo AVV de Toba -Foto-Rafa Quintans 3 Grupo AVV de Toba -Foto-Rafa Quintans Grupo da ARCE Pedras Miudas de Lires-Foto-Rafa Quintans 2 Un par de bailarinas do Grupo da ARCE Pedras Miudas de Lires-Foto-Rafa Quintáns Grupo da ARCE Pedras Miudas de Lires-Foto-Rafa Quintans Grupo da ARCE Pedras Miudas de Lires-Foto-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Fotos de Rafa Quintáns.

Comentarios