luns. 02.03.2026
El tiempo

2ª FUTGAL: O Soneira frea ao San Lorenzo no Irmandiño

Sp Zas - Porteno-Foto-Parker
Imaxe do Sp. Zas - Porteño en San Andrés-Foto-Parker
2ª FUTGAL: O Soneira frea ao San Lorenzo no Irmandiño

Demostrou o Soneira (que leva 5 vitorias e un empate nos últimos 6 partidos) que xa está para competir cos de arriba e de feito o San Lorenzo (leva 7 partidos sen perder) salvou un punto inextremis, que mantén a vantaxe con Baio e Xallas, que venceron a Muros (ollo á cuarta vitoria dos baieses) e Monte Louro, en 5 e 6 puntos. A 7 queda o Porteño ao non pasar do empate en San Andrés; a 8 o Malpica, que perdeu ante un Outes que queda a 9. Os soneiráns están agora a 12 do liderato e a 6 da promoción.

Ademais do derbi pontecesán, con clara cor azulona, houbo un choque directo na zona baixa, con vitoria para un Sofán B que alonxa o descenso directo á 6 puntos, quedando no medio o Muros, con 4 puntos de vantaxe sobre Zas, Monte Louro e Mazaricos. Con todo, Muros, Sofán B e mesmo Corme e Cabana, terán que estar pendentes dos arrastres.

Corme - Ponteceso (5-1)

  • Corme: Quique, Hugo Paredes, Álvaro, Eloy, Aitor, Senén, Brais Pailos, Joshua, Borja Torrado, Lucas, Isra. Tamén: Adrián Suárez, Mauro, Teo, Samu Costa e Xoel.
  • Ponteceso: Darío, Cotelo, José Ramón, Pedro, Luca, Dani Rod., David Lema, Ismail, Javi Souto, Mendieta e Iván Rey. Tamén: Diego, Eloy Trigo, Juan Rey, Eloy Álvarez e Teo.
  • Goles: 1-0, m.11: Borja Torrado; 1-1,m.13: David Lema de penalti; 2-1, m.26: Isra; 3-1, m.37: Isra; 4-1, m.44: Lucas de falta; 5-1, m.77: Lucas de penalti.

Partido de rivalidade, co Corme máis emchufando en todo momento ante un Ponteceso en horas baixas que suma 6 xornadas sen coñecer a vitoria. Adiantábanse pronto os de Ángel, nun saque de esquina, pero pronto empatou David de penalti. Era unha primeira parte de claro dominio local, e os cormeláns lograrían ampliar a súa conta ata os 4 goles, grazas a un dobrete de Isra marcando nunha man a man ante Darío e rematando un saque de banda prolongado na área, e pechando esta primeira parte cun gol de falta de Lucas.

Na segunda parte o cadro de Jorge Guillamet tivo máis o balón pero non foi capaz de xerar máis que un par de chegadas de perigo, pola súa banda o Corme pecharía a goleada ao converter un discutido penalti sobre Lucas que o mesmo transformou.

Sofán B - Mazaricos (4-1)

  • Sofán B: Eloy Martínez, Marcial, Diego, Iván, Asier, Nacho, Mateo, Rubén, Dani Rod., Dani Calvete e Adrián Vázquez. Tamén: Breijo, Christian, Eloy Cabeza e Diego Rama.
  • Mazaricos: París, Luís Mayán, Borja, Chumico, Fran Landeira, Raúl, Steven, Marcos, Marito, Molinos e Kevin. Tamén: Samu, Álvaro, Yeray, Yago Dosil, Sergio.
  • Goles: 1-0 m.2: Diego; 1-1, m.19: Fran Landeira; 2-1, m.60: Dani Calvete cun golazo; 3-1, m.87: Rubén; 4-1, m.95: Breijo.

Vioria xusta do filial carballés nun duelo directo da zona baixa. Non se atopou cómodo en ningún momento o equipo de Raúl Periscal no Carral, que vía como os de Zalo se atopaban cun gol na primeirísima chegada. Tiveron un par de chegadas máis, pero o Mazaricos respondía empatando no ecuador do primeiro tempo. De aí ata o descanso o partido foi igualado, con moitas imprecisións, sen un dominio claro e sen ocasións.

A segunda comezaba cunha ocasión en cada área, pero a partir do golazo de Dani Calvete, o partido abríase un pouco máis, e co Mazaricos algo máis estirado, en dúas contras xa nos minutos finais, sentenciou o cadro de Zalo.

Corcubión - Cabana (5-1)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Andrés, Mario, Martín, Jon, Luís Lojo, Rama, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Fernando, Íker, Samu Trillo, Borja Bouzón e David Lojo.
  • Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé, David, Fernando, Migueliño, Julián, Simón, Brais Fontenla e Xabi Parga.
  • Goles: 1-0, m.18: Rama; 1-1, m.37: Migueliño; 2-1, m.73: Luís Lojo; 3-1, m.81: César Lojo; 4-1, m.93: Samu Trillo; 5-1, m.95: César Lojo de penalti.

Boa vitoria do Corcubión que alonxa a zona de perigo nun partido no que estiveron moi efectivo fronte a un Cabana non o estivo acertado nas dúas áreas. Mario e Rama avisaban, sendo este mesmo o que abríao marcador tas saque de banda que peitea Andrés. Comezaba a aparecer César Lojo, e Mario volvía avisar, pero era Migueliño o que asinaba o empate. Foron bos minutos aí do Cabana que tivo nos pés de Brais e Xabi a oportunidade de meterse por diante.

Saía forte na segunda o cadro de Ángel Ventanas e Isi, e a pesar das lesións de dous alicerces, Isaac e Andrés, seguiron apretando. Quedaban 20 minutos cando Luís Lojo rompía a igualada de cabeza, e o tanto de César pouco despois deixaba practicamente sentenciado.

Completaba o Corcubión a goleada no desconto cun de Samu Trillo e o segundo de César Lojo, este dende os 11 metros, para ampliar a súa vantaxe na táboa de máximo goleador. O corcubionés ten 16 goles, polos 14 de Javi Pérez (San Lorenzo), os 13 de Dani Jurjo (Muros) e Bruno (Porteño) e os 12 de Saudou (Malpica) e de Bryan (Xallas).

Zas - Porteño (1-1)

11 do Sp Zas ante o Porteno-Foto-Zas
11 do Sp Zas -Foto-Zas
  • Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Adri Rama, Joel, Fran, Álvaro, Iago, Andrés, Ronny e Redondo. Tamén: Guille, Iván, Martín Novo e Darío.
11 do CF Porteno en Zas-Foto-Parker
11 do CF Porteño en Zas-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Brais Mouzo, Alan, Álvaro, Alfredo, Baba, Darío, Sandelo, Matín e Bruno. Tamén: Joel, Rodri, Yuyo, Gabri e Carrabete.
  • Goles: 0-1, m.19: Pejo; 1-1, m.42: Ronny.
Sp Zas - Porteno-Foto-Parker 2
Sp Zas - Porteño-Foto-Parker

San Andrés volveu vivir un encontro con bo ambiente, cun Sporting Zas e un Porteño que chegaban ao duelo con obxectivos diferentes, pero coa mesma necesidade de competir cada balón. O partido arrincou, como é habitual, con minutos de toma de contacto, moita disputa e poucos riscos, ata que o marcador se abriu arredor do minuto 20. Nunha acción a balón parado, Pejo metía por diante a un cadro visitante que non se atopaba cómodo.

Co paso dos minutos, os dous equipos fóronse estirando e empezaron a aparecer máis situacións de área. O Porteño reclamou un posible penalti que puido significar o 0-2, mentres o Zas buscaba facer dano a través dos seus puntas e das bandas, tratando de gañar metros e xerar perigo con chegadas máis directas. A recompensa para os locais chegou antes do descanso. Ronny, desde a frontal, conectou un disparo potente ao que nada puido facer o porteiro visitante e igualou o encontro co 1-1, resultado co que se chegou ao intermedio.

Tralo paso polos vestiarios, seguía co mesmo guión co Zas ben armado, pero con dúas boas ocasións que Mariolo salvou con dous paradóns. O Porteño, pola súa banda, mantivo o seu perigo a través das transicións, especialmente con Bruno, que chegou a ter un man a man con Pereiras que se marchou fóra por moi pouco. Tamén seguiron xerando ameaza a balón parado, unha das súas armas máis potentes pola súa presenza e capacidade no xogo aéreo, e protestando un posible penalti sobre Bruno que colexiado e linier viron de xeiro diferente.

O Zas tentou atopar os seus dianteiros para conseguir algunha situación clara dentro da área, pero nun tramo final de moita tensión e pouca precisión, nin un nin outro foron quen de materializar as ocasións e o encontro rematou co empate definitivo.

Muros - Baio (1-2)

11 do CD Baio en Muros
11 do CD Baio en Muros. Foto: CD Muros
  • Muros: Aitor, Javi, Oscar, Ramón, Fran, Jesús, Benji, Alex González, Xavi, Juan oVello e Dani Jurjo. Tamén: David Lestón, Juan Rey, Alon, Iván, Sanandrés.
11 do CD Baio
11 do CD Baio. Foto: CD Baio
  • Baio. Rodri, Bruno, Pablo Rod., Pazos, Norberto, Miki, Víctor, José Ángel, Chechi, Cheti, Josiño. Tamén: Yago Pazos, Javi, Alex Muíño, Pablo e Damián.
  • Goles: 0-1, m.48: Miki dende a frontal; 0-2, m.57: Miki dende a frontal; 1-2, m.63: Ramón.

Chegaban os dous equipos con baixas para este disputado e intenso choque. Fixo unha gran primeira metade o Baio, do mellor do curso facendo dano con Víctor pola banda, con Chechi e Cheti, que vía como lle anulaban un gol aos 20 minutos por un dubidoso fóra de xogo, e como Aitor lle salvaba un par de ocasións. Tamén na outra área Dani e Xavi puideron abrir o marcador para os de Joaquín Quintáns.

Sorprendía o medio centro xuvenil, Miki, que non adoita aparecer por área tival, para abrir o marcador á volta dos vestiarios cun tiro que pega no pau e entra. E a´nda soprendía máis marcando o segundo, nunha xogada na que os locais pediron mans dun compañeiro antes do último pase.

Parecía que o tiña feito o cadro de Lobelos, pero o cadro muradán tirou da súa clásica de garra e orgullo, e foise arriba. O Baio puido matar á contra, pero Aitor sacou ata unha man boísima. O Muros ía empurrando, colgando cada vez máis balóns, e nunha xogada a balón parado e métense no partido aínda con 25 minutos por diante. Fixo sufrir aí o equipo de Joaquín Quintáns ao cadro baiés, e mesmo Dani Jurjo mandou ao longueiro un tiro tras unha gran xogada. Os cambios deron osíxeno aos visitantes, que aínda así sufriron chegadas de Juan oVello, Xavi e Dani, que non acabaron en gol, quedando finalmente os muradáns pola expulsión de Fran.

Soneira - San Lorenzo (1-1)

  • Soneira: Brais Dono, Gusa, Oreiro, Héctor, Mario, Adrian Canosa, Javi Lema, Pichi, Cachi, Richi e Vía. Tamén: Brais Lema, José Antonio, Brais Pereira, Fabri e Jesús.
  • San Lorenzo: Javi Souto, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Alex Iglesias, Hugo Pereiro, Iago, Diego Varela, Alex Vázquez, Alex Taibo, Javi Perez. Tamén: Mario, Damián, Hugo Canedo, Pape, Hugo Rey.
  • Goles: 1-0, m.69: Richi a pase de Vía; 1-1, m.87: Javi Pérez.

Sufríu o San Lorenzo para sacar un punto do Irmandiño. O encontro comezou con ritmo e moita disputa e costándolle os visitantes entrar en xogo co aire en contra. Os de Josiño Abelenda trataba de chegar combinando, pero apenas puido crear perigo nunha ocasión.

Comezaba a segunda cun Soneira máis profundo por bandas e con chegadas de segunda liña, pero era Iago o que obrigaba a Brais a facer un paradón. Así e todo eran os soneiráns os que se a diantaban cunha gran xogada entre os irmáns Via e Richi. O gol fixo que os de Iván Rojo desen un paso adiante, tendo a sentenza o Soneir nun par de contras. Pero as ocasións visitantes, a base de xogo directto ían chegando, cada vez máis claras, ata que a 3 do 90, chegou o empate co gol de Javi Pérez. Aínda tiveron os de Verdillo un par de ocasións para pescar algo máis nun choque no que os soneiráns laméntanse ter deixado vivo ao líder.

Xallas - Monte Louro (2-0)

11 do Xallas FC en Fontenla-Foto-Xallas
11 do Xallas FC en Fontenla-Foto-Xallas
  • Xallas: Íker, García, Macareno, Peke, Yago Facal, Dani Barbeira, García, Alberto Jallas, Rubén Sande, Rubén Blanco, Sergio Barbeira. Tamén: Martín, Elvis, Pablo Landeira e Adrián Couto.
  • Monte Louro: Pedro, Chouza, Rodri, Héctor, Miguel Verán; Chano, Flavio, Óscar Fario, David Pais, Iker e Javi. Tamén: Jacobo, Martín, Pablo, Luismi e David Lestón.
  • Goles: 1-0, m.51: Macareno; 2-0, m.56: Rubén Blanco a centro de Peke.

Notouse a posición na táboa, cun partido bastante parello, pero o cadro local foi máis efectivo e mandou ao Louro de volta para casa sen premio. Primeira metade do Xallas, con moito dominio de balón, pero sen apenas ocasións, máis unha boa parada de Pedro a Rubén Sande. O Louro non chegaba pero sen sufrir demasiado pero tampouco se estirou.

Saían ben os de Bibi na segunda, e cando mellor estaban, nun erro no despexe da defensa loureán deixaba a Macareno diante de Pedro para abrir o marcador. E case sen tempo, Rubén Blanco facía o segundo e case rematou o partido. O Monte Louro comezou a apretar, ante un Xallas que se agrupou máis e buscou máis os balóns longos a Sergio Barbeira. Intentouno con balóns colgados o cadro loureán pero sen demasiado perigo.

O peor do partido as lesións, Rubén Sande e García por banda local e Íker cunha lesión de nocello e Oscar Fari con lesión de xeonllo para os loureáns.

Outes - Malpica (4-1)

  • Outes: Dani Rod., Hugo Sieira, Martín Caamaño, Eloy Lado, Sanchiño, Marcos Orodea, Josiño, Adrián Caamaño, Alberto Bahamonde, Hugo Caamaño e Xabi Romarís. Tamén: Dani Torea, Rubén, Ramón, Boris e Alex Rama.
  • Malpica: Suso, Saúl, Carrumba, Brais Calvo, Isaac, Cristian, Raúl, Isaac, Camilo, Luismi e Chicha. Tamén: Anxo, Fran, Joel, Chucho.
  • Goles: 0-1, m.5: Camilo tras unha falta de entendemento entre o porteiro e o central; 1-1, m.7: Martín Caamaño aproveita un rexeite de Suso e do longueiro de Eloy; 2-1, m.51: Josiño de cabeza; 3-1, m.71: Eloy; 4-1, m.96: Ramón.
Malpica e Outes saltando ao Cunchido-Foto SCD
Malpica e Outes saltando ao Cunchido-Foto SCD

Comezaba o partido tolo con dous goles, un en cada área. Calmouse a contenda, cun Outes intentando combinar e un Malpica, con ata 9 baixas, que buscaba balóns ás costas da defensa. Hugo tivo un par de chegadas que salvou Suso.

Na segunda foron arriba os de Geno, que a pesar das 8 baixas e os 6 xuvenís na convocatoria, estiveron moi ben con balón, circulando máis rápido, e conseguindo profundidade por banda, e así chegaba o segundo de Josiño, nunha xogada na que os malpicáns pediron falta sobre Carrumba no remate.

Estirouse o Malpica, tendo ocasións de Cristian, Chucho e Luis pero aí foron superiores, e máis efectivos, os da Serra que tiveron ocasións para sentenciar.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información

Comentarios