Imprimir

O Faro Vilán sumérxese nunha nova mostra de pintura colectiva

Redacción | 06 de outubro de 2020

FLYER EXPO CABO VILÁN 2020 LUCET 1

Non para a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas de encher de vida, e arte, a sala de exposicións do faro de Cabo Vilán. Durante o mes de outubro acolle unha nova exposición de pintura. Ata o 4 de novembro a protagonista é a mostra de pintura colectiva “LUCET”.

Unha exposición con artistas como Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Ana Cancela Muras, Nuria Ruibal García, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Sabela Sobrino San Martín.

A exposición conta cunha nutrida representación da obra das artistas, acuarelas, óleos, gravados e traballos en técnica mixta, na obra que se presenta aparecen motivos variados, aínda que predominan os motivos paisaxísticos, mariñeiros e urbanos de Galicia.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/faro-vilan-sumerxese-nunha-nova-mostra-pintura-colectiva/20201005191408122359.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia