Imprimir

Laracha proponse loitar contra a invasión dos Plumachos

Redacción | 15 de setembro de 2020

Son moitas, cada vez máis, as estradas da comarca invadidas polos coñecidos “plumachos”, e poucos os concellos que fan algo por evitalo. Hoxe coñecemos que o Concello da Laracha vai tomar cartas no asunto. O concello vai comarca unha campaña para eliminar a tamén chamada herba da Pampa ( (o nome científico é cortaderia selloana), de todos os esapazos públicos, e tamén dos privados co permiso dos propietarios.

Xa saben que é unha especie botánica invasora procedente de Sudamérica, que se estende con facilidade nas zonas próximas á costa galega, polo que é preciso eliminar para evitar a súa expansión.

As cuadrillas medioambientais municipais actuarán durante os próximos días na retirada dos plumachos e piden colaboración cidadá para localizalos.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/a-laracha/laracha-proponse-loitar-invasion-plumachos/20200915082015121852.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia