sábado. 07.03.2026
El tiempo

Este martes, unha charla de coeducación para as familias da Laracha con Nélida Zaítegi

Coeducacion na Laracha con Nelida Zaitiegi
Coeducacion na Laracha con Nelida Zaitiegi
Este martes, unha charla de coeducación para as familias da Laracha con Nélida Zaítegi

O Centro de Formación e Recursos da Coruña -dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional-, coa colaboración municipal, preparan unha actividade formativa dirixida ás familias dentro do programa Xuntos na Educación, integrado no Espazo Educa–Creando Pontes.

O obradoiro será dirixido por Nélida Zaitegi, referente no ámbito educativo nacional e internacional e experta en convivencia escolar e benestar educativo. A súa intervención supón unha oportunidade para reflexionar de maneira compartida sobre a educación dos fillos, intercambiar inquedanzas e coñecer claves prácticas que contribúan ao seu crecemento persoal e académico.

A xornada desenvolverase o martes 10 de marzo, de 17:30 a 19:30 horas, na Casa da Cultura da Laracha.

As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición gratuíta a través do seguinte formulario en liña, que tamén estará dispoñible nas redes sociais e na web do Concello da Laracha: https://forms.gle/kvhdSRYg6SayZJSW6

Ofrecerase ás persoas participantes o servizo de conciliación, que deberá solicitarse previamente.

Máis novas

Comentarios