Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Melga completa a oferta familiar para as Festas da Barquiña

O Melga completa a oferta familiar para as Festas da Barquiña

Non só verbena terán este ano as Festas da Barquiña de Ponteceso. Gracias ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia e a Fundación Ricardo Pérez y Verdes), e á asociación Eventos de Ponteceso haberá unha marea de cousas que facer entre o venres 13 e o martes 17. Música tradicional, orquestras, DJ’s, rutas gastronómicas, actividades infantís e xogos tradicionais conforman a programación festiva.

O V Campionato de Tirabalas e a VI Ruta de Bicicletas Clásicas, son dous eventos con gran sona e arraigo. O sábado 14, a partir das 18:00 horas, a Praza do Relleno converterase, por primeira vez, no escenario elixido para a realización deste divertidísimo xogo tradicional do tirabalas. Cada xogador deberá elaborar o seu propio tirabalas e, de non poder, a organización disporá dun servizo de préstamo para que ninguén quede sen probar sorte. Todos intentarán batir ao tetracampión Carlos Andrade Castro, que leva gañando as 4 edicións.

Ademais, a VI Ruta de Bicicletas Clásicas, que arrincará o domingo 15, ás 12.30 horas, do Centro Cultural tras a celebración da IX Ponteclásico. Unha bici antiga e roupa de época serán suficientes para formar parte desta singular expedición que percorrerá as rúas da localidade para rematar á beira do río Anllóns degustando un xantar popular. Para participar en ambas actividades bastará con anotarse no Melga Centro Cultural (981 715 442) ou enviando un mail a [email protected].

Tirabalas e bici clasica en POnteceso

Verbena, pinchos e churrasco

A festa arrinca o venres na Praza do Relleno cunha churrascada veciñal (5€) na que no faltarán as actuacións musicais para amenizar unha velada que promete ser tan divertida como saborosa. O sábado 14, a música volverá a ser unha das protagonistas da xornada da mañá á noite. A charanga Santiaguiño será a encargada de animar as rúas da localidade durante a celebración da V Ruta dos Pinchos “PonteaPinchar”, que dará comezo ás 12:30.

Festas da Barquina de Ponteceso 2019

Día do Neno

Os pequenos/as da casa serán os protagonistas da xornada do luns 16 coa celebración do Día do Neno, que arrincará ás 17:30 horas con actividades e xogos infantís na Praza do Relleno.

Comentarios