Imprimir

Unha muller pérdese e pasa a noite con dous axentes da Garda Civil no Monte Blanco

que pasa na costa | 28 de maio de 2019

Vistas dende o cumio do Monte Branco
Vistas dende o cumio do Monte Branco
Unha muller pérdese e pasa a noite con dous axentes da Garda Civil no Monte Blanco

Unha muller tivo que pasar a noite tras perderse mentres paseaba co seu can pola do Monte Branco. Non atopaba o camiño de volta e pasadas as 22:30 horas de onte, cando a través da aplicación Alpify 365 a muller alertaba ao 112 da súa situación, nas faldas do Monte Branco, preto da Praia de Valarés, concello de Ponteceso.

Dous axentes comezaron a busca por unha zona frondosa de Cospindo. Pouco tempo despois, deron coa muller, que estaba en perfecto estado de saúde. Pero a cousa complicouse. O equipo de rescate decide pasar a noite (con roupa de abrigo e bebidas quentes) no monte xa que “as condicións do terreo e a falta de seguridade” facían complicada a volta.

Xa pola mañá, puideron voltar ao cuartel.

Xentes da zona consideran estrana a situación, unha vez que o monte apenas ten 1 quilómetro cadrado, e apenas berrando xa practicamente se escoita en toda a enseada.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/muller-perdese-pasa-noite-dous-axentes-da-garda-civil-monte-blanco/20190528101644110104.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA