Eva López Barrio axuda ás mulleres profesionais de Bergantiños cunha charla en Ponteceso
Interesante charla a que convoca o Concello de Ponteceso con Eva López Barrio, investigadora e creadora do programa Woman Emprende. A charla terá lugar o día 21 de marzo de 2026, ás 17:00 h, na Biblioteca Pública Municipal (Avda. de Bergantiños núm. 65)
Trátase dun encontro especialmente dirixido a mulleres con inquedanzas profesionais, creativas ou empresariais, no que se darán a coñecer ferramentas prácticas, recursos técnicos e vías de acompañamento para impulsar proxectos liderados por mulleres. A través da súa experiencia, Eva López Barrio compartirá claves para transformar ideas en iniciativas viables, fortalecendo a confianza, a planificación e a rede de apoios.
A relatora acompaña tamén a mulleres emprendedoras en programas públicos de apoio ao emprendemento, como as axudas Xunta de Galicia (programa Emega), nas que actúa como titora e facilitadora, orientando no proceso de solicitude, desenvolvemento e consolidación dos proxectos.

