Martes. 23.04.2024
El tiempo

O eterno sorriso de Torreira, Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa - QPC 2018

O eterno sorriso de Torreira, Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa - QPC 2018
Torreira, lenda do fútbol xalleiro Tito Luaces, Manolín e os 6 clubs fundadores da Liga da Costa xa recibiron o galardón do Premio Histórico do Fútbol da Costa. Este 2018, aproveitando que a Gala se celebra en Santa Comba, o equipo de QPC quere dedicarllo a “Torreira”, unha lenda do fútbol xalleiro. Luís Maneiro (16/04/1968 - 31/01/2017), era natura Alborés (Mazaricos), pero vivía en Santa Comba dende había moitos anos. Ata que en apenas ano e medio, a enfermidade do ELA foino consumindo a unha velocidade endemoñada. Co que nunca acabou foi co seu sorriso, que non o deixou ata o seu último día. Os que estiveron xunto a el nunca o viron deixar de ser optimista, e sobre todo de disfrutar co Fútbol da Costa, e co seu Atlético de Madrid. Non era Torreira o mellor xogador que tivo a terra xalleira. Non era a gran estrella, o xogador que todos os qequipos marcaban de preto, nin o gran goleador. Era un gran home de club, deses que nunca fallan. “O mellor dos “escuderos” descríbeno algúns dos que disfrutaron da súa traxectoria como Huelvis. As súas primeiras patadas no mundo federado no Sporting Zas, con Moncho Varela como adestrador, a mediados dos anos 80. Xogou tamén varias tempadas no At. Mineiro, ata que se formou o Mazaricos CF a comezos dos 90. El formou parte, con xente como Moreno, Moro, Nito, Del Río… daquel mítico Mazaricos que logrou un gran campionato de Liga na 93/94. Aquel día Torreira disfrutou da felicidade de erguer unha copa. Mazaricos CF campion da Liga da Costa 93-94 com Torreira O Mazaricos CF campion da Liga da Costa 93-94 con Torreira, cuarto pola esquerda na fila superior Naqueles animados anos 90, compaxinaba a súa traxectoria como lenda do fútbol sala nos intensos maratóns da comarca, nas filas dos míticos equipos Pub Metro, Relojería Romar, A Pedra ou o Bar Liverpool. Tardou en deixar de saltar ao céspede e aínda disputou varias temporadas nas Ligas de Veteranos formarte parte do Xallas, e tamén do Muros e do Negreira. Moitos lembran a súa capacidade para a concordia. Moitos lembran aquela parella que formaba co seu curmán Moreno, este máis impulsivo. Ao carón sempre estaba Torreira, que tralo xenio inicial, contido nun par de minutos, xa calmaba e buscaba, e atopaba, o entendemento entre todas as partes. “E por iso tiña tantos amigos”.

“Os amigos do fútbol son os amigos de toda a vida”Torreira como Secretario do Xallas

A comezos do século retirouse e dedicouse á súa outra paixón, inculcarlle o fútbol ao seu fillo Diego o amor polo fútbol, a través da formación. Pasou a formar parte dos equipos de base do Xallas, sendo delegado durante 8 anos de 2002 ata 2011 en varias categorías, e celebrando sabrosos éxitos como o ascenso á Liga Galega dos infantís en 2005/2006 e o dos cadetes na 2006/2007. Torreira era especial cos rapaces. “Sempre era a palabra amiga, a frase acertada, a sorrisa ou a broma que relaxaba os ánimos cando os rapaces tiñan un momento malo”, conta Huelvis. Pero sobre todo, que era o que máis orgulloso estaba, ver crecer ao seu fillo entre os amigos do fútbol: “os amigos do fútbol son os amigos de toda a vida”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/historias-da-costa-o-mazaricos-do-94-gloria-e-dor/

Outros premios Históricos

https://quepasanacosta.gal/tito-luaces-premio-historico-da-gala-do-futbol-da-costa-qpc/ https://quepasanacosta.gal/homenaxe-a-manolin-historia-viva-do-futbol-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/qpc-entregou-os-premios-do-futbol-da-costa-2013-2014/

Novas da Gala

https://quepasanacosta.gal/os-candidatos-aos-premios-da-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc-1718/

Fonte

Comentarios