Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Torneo do Osmo convertiu Corme na capital mundial do Fútbol Praia

O Torneo do Osmo convertiu Corme na capital mundial do Fútbol Praia
Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo 1 Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Foto-David Castro Gran ambiente, moi xuveni e veraniego, para disfrutar dun evento único, dunha cita de nivel internacional, na Costa da Morte. A Praia do Osmo, en Corme (Ponteceso), acollía unha gran festa do fútbol praia mundial, coa visita de varios dos mellores xogadores actuais e da historia desta disciplina deportiva. Da man de Amarelle Sport Group e a Asociación Deportiva Vidú, en colaboración co Concello de Ponteceso e a Real Federación Galega de Fútbol, centos de espectadores puideron disfrutar das acrobacias e filigrana dos mellores xogadores do mundo. Ambiente na Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Foto-Jose Maria Suarez Gran ambiente na Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Foto-Jose Maria Suarez O venres arrincaban as citas con dous partidos. O Sporting de Portugal e o Falfala deleitaron aos espectadores cun vibrante encontro, cheo de delicatesens. Finalmente, os israelís venceron por 3-7 co catalán Llorenç Gómez, como gran estrella. Quedaban gañas de máis, e as rapazas, fixas en calquera actividade da Vidú, saltaron á area. Eran dous combinados, de Amigas de Amarelle e a AD Vidú os que deleitaron cun partido tremendamente igualado que remataba con 2-2 e vitoria herculina na tande de penaltis. Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Foto-Jose Maria Suarez 2 Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Foto-Jose Maria Suarez Tempo das mozas na festa vidú-Foto-David Castro O I Torneo Praia do Osmo continuaba o sábado, cun novo día de puro espectáculo. De novo, o Falfala e o Sporting de Portugal serían os encargados de abrir a xornada. Neste enfrontamento previo á disputa do Euro Winners de Nazaré, a gran estrella foi o capitán de Brasil e xogador do Falfala, Bruno Xavier, unha das grandes estrellas do momento. 4-2 vencían de novo os israelís. Non faltou a presencia do fútbol base. O Corme infantil e cadete, e os equipos da escola de Ramiro Amarelle das mesmas categorías, enfrontaríanse en dous encontros cheos de gañas e ilusión, nos que os rapaces deron un gran espectáculo. Neste dobre derbi, habría reparto de vitorias. O Corme vencería en infantís na quenda de penaltis, mentres que en cadetes, o triunfo sería para os coruñeses. E para rematar este I Torneo Praia do Osmo, a AD Vidú e os Amigos de Amarelle, entre os que estaban o propio Ramiro Amarelle e o brasileiro Benjamín Pereira, considerados os dous mellores xogadores da historia do fútbol praia. O encontro foi un auténtico espectáculo no que os Amarelle, Benjamín, Migui, Darío, Denis, Ozu, Bruno Xavier, Sergio, Denis, Mohammed, Yago e Moscoso mostraron a súa gran calidade e as súas impresiones cualidades pero os Brais, Dani Calvete, Dani Casal, Chispy, José Ángel, Lucas, Charro, Cholo, Sueiro, Toniño e Suso non se quedaron atrás e deron o mellor de si mesmos pero, sobre todo, gozaron dunha gran experiencia coma esta. O marcador reflexaría un 2-3 a prol dos Amigos de Amarelle, nun partido no que o pontecesán Ramiro Amarelle e o brasileiro Benjamín tamén xogarían uns minutos coa selección da AD Vidú. https://www.facebook.com/ADVidu/videos/1664097006973264/?t=8 Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Ramiro Ramiro fixo algunha das súas famosas chilenas no Osmo ante o porteiro cormelán Suso-Foto-David Castro Así se pechaba este torneo, unha cita única e difícilmente repetible, nunha praia da Costa da Morte. Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Foto-Jose Maria Suarez 1 Marco incomparable no Osmo-Foto_José María Suárez Festa Vidu do Futbol Praia no Osmo-Foto-Jose Maria Suarez-Auga fria no Osmo Estaba fría a auga do Osmo para os xogadores... Foto-José Maria Suárez https://quepasanacosta.gal/osmo-capital-mundial-do-futbol-praia/ https://quepasanacosta.gal/a-historia-do-futbol-praia-naceu-en-ponteceso/

Comentarios