Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba

O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba
Portada dun dos calendarios editados polo SEMESCOM Portada dun dos calendarios editados polo SEMESCOM Os Penedos de Traba e Pasarela son os protagonistas dos dous calendarios que acaba de publicar o SEMESCOM - Seminario de Estudos da Costa da Morte - e que presentará hoxe, ás 20 horas, na casa da Cultura de Vimianzo. Cada unha das pedras que forman esta singular paisaxe serán a imaxe principal de cada un dos doce meses do ano. Esta inciativa xurdiu, en parte, despois de que algúns medios de comunicación falasen dunha posible explotación dos Penedos de Traba e Pasalera pese a que é dende o 2009 unha das áreas de Paisaxe Protexida da Xunta de Galicia. Dende o 2009 os Penedos de Traba e Pasarela están protexidos baixo a figura de Paisaxe Protexida Dende o 2009 os Penedos de Traba e Pasarela están protexidos baixo a figura de Paisaxe Protexida Dende o SEMESCOM critican a pasividade da Xunta de Galicia por un espazo de interese turístico e ambiental como este. "Que os Penedos de Traba e Pasarela siguan en perigó é outra proba do desinterese da Xunta pola Costa da Morte, pois nunca se preocupou de poñer en valor este recinto comparable á Cidade Encantada de Cuenca, que podería atraer á comarca moitos visitantes", aseguran dende a directiva da entidade.   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios