Imprimir

Protección Civil e os Bombeiros de Cee sufocaron un incendio nunha vivenda de Fumiñeo

que pasa na costa | 05 de marzo de 2020

Menudo susto levaron os veciños da vivenda no lugar de Fumiñeo (San Martiño de Ozón, Muxía), cando comezou a arder a cheminea. Por sorte Protección Civil de Muxía chegou con rapidez, pasadas as 20:30h, co seu vehículo BUL para comezar unhas labores de extición que remataron os Bombeiros de Cee, que se encargaron de sufocar e refrixerar o incendio dende o teito da vivenda, e de comprobar coa cámara térmica puntos da vivenda para que non se virán afectados polo calor.

Afortunadamente só que lamentar danos de pequena importancia na estancia da cociña.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/proteccion-civil-bombeiros-cee-sufocaron-incendio-nunha-vivenda-fumineo/20200305101321118137.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia