Sábado. 20.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Andaina das Estrelas polo Monte Neme (II)

13/ago./2019
22:00 h
Dende Carballo
Ruta das Estrelas do Monte Neme
Andaina das Estrelas polo Monte Neme (II)

O ceo da Costa da Morte é un dos mellores de Europa para ver as estrelas. Ademais, esta vindeira semana volveremos vivir unhas chuvias de Perseidas. As populares “bágoas de San Lorenzo” serán as mellores protagonistas para disfrutarnos da nosa natureza.

Por agora son tres as saídas programadas dende Cabana, Carballo e Santa Comba:

Estrelas dende o Monte Neme

Para bañarse e botar unha foto nas redes xa vimos non debería prestar, pero o Monte Neme si que dá para unha boa sesión de observación de estrelas. Así, un ano máis a "Plataforma pola defensa de Monte Neme" organiza unhas "Xornadas Astronómicas do Monte Neme”.

Os próximos sábado 10 e martes 13 de Agosto, realizarán dúas actividades co obxectivo de observar o ceo nocturno do verán e a choiva de estrelas perseidas. Nas dúas haberá tempo para observación libre da choiva, en grupo nunha noite e lugar especiais, dúas noites de perseidas ou bágoas de San Lourenzo dende o Monte Neme. Tamén será protagonista a Lúa, pois cúmprense 50 anos da chegada dos humanos ao satélite e conmemoraremos a efeméride.

O sábado 10 formúlase a observación das perseidas conxuntamente cun roteiro nocturno de subida ao cumio do monte, guiado pola Plataforma, con saída dende Razo (20:30h), observación dende as 23:00h e pernocta para baixar coa alba da mañá seguinte (5:00-8:00h).

O martes 13, contarán con dous grandes divulgadores locais, o xornalista carballés de GCIencia Manuel Rey Pan, que fará un monográfico da chegada á Lúa, e clase maxistral por José María de la Viña que introducirá á observación astronómica do ceo nocturno e o fenómeno da choiva de estrelas. A observación terá lugar no Monte Neme a partir das 23h. Farase unha saída conxunta dende Carballo (sen posta a disposición de transporte) ás 22:00h. A introducción divulgativa rematará polas 1:00h e farase acompañamento da observación ata as 4:00.

Comentarios