Evento
Concerto de Luís Moro no Casino 1889
27/abr./2019
21:00 h
Casino 1889

12:20 25/04/19
O sábado, a partir das 21h, terá lugar no Casino 1889 de Carballo un concerto acústico do veterano músico coruñés Luis Moro, para presentar o seu último traballo, “El pacto”. Unha excelente oportunidade para coñecer un outro artista do país e deixarse envolver nese blues atmosférico con influencias de Dylan e Lanegan. As entradas poderán adquirirse no local do Casino o propio día do concerto, por 5€. As persoas socias desfrutarán dun desconto do 10%.