Evento
Concerto de Miro Casabella por Alfredo Brañas
11/maio/2019
20:00 h
Pazo da Cultura de Carballo

11:00 09/05/19
O cantautor lucense Miro Casabella, en colaboración cos integrantes do extinto grupo Xocaloma ofrecerán un concerto conxunto titulado "Alfredo Brañas, unha memoria viva", como parte do programa de actos en honor a Alfredo Brañas Menéndez, promovido polo Padroado Alfredo Brañas de Carballo con motivo do 160º aniversario do nacemento do fillo predilecto do noso concello.