Evento
Concerto Solidario cos Amigos dos Cans de Carballo
Para nós, que tanto valoramos o traballo da Clínica Argos coa iniciativa Salvacadelos, parécenos esta, unha grandísima idea. Un grupo de xente de Carballo, con inquietudes pola situación dos animais na vila, e en particular polo único organismo que se preocupa polo benestar dos animais, a Asociación Amigos de los Perros de Carballo, veñen de decirid organizar o vindeiro sábado 18 de marzo un concerto benéfico para recadar cartos para axudar a referida asociación.
O concerto celebrarase a partir das 22:00 na Sala Dublín de Carballo, no que participarán de maneira desinteresada os grupos Perfusión (percusión e danza tradicional africana), Crú (metal), Apart (indie-rock) e Kostra da Morte (punk).
Todos os cartos recadados mediante venda de entradas será integramente para a Asociación Amigos de los Perros, así mesmo, durante o concerto membros da Asociación darán a coñecer aos asistentes cales son os labores que realizan, cales son as súas eivas e en que podemos axudar a cidadanía.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).